epibionte

epibionte

(< epi- + bionte)

s m [ECOL]

Organismo que habita na parte externa doutro, o hospedeiro, ao que xeralmente non lle provoca prexuízos importantes, polo que non constitúe unha relación de parasitismo. Son exemplo de epibiontes os cirrípedos que se desenvolven sobre os grandes cetáceos ou sapoconchos mariños.

Palabras veciñas

Éphrussi, Boris | epi- | epibatidina | epibionte | epibiose | epiblástico -ca | epiblasto