epicicloide

epicicloide

(

Curva descrita por un punto dunha circunferencia que xira sen esvarar sobre outra, de xeito que se manteñen tanxentes exteriormente. A súa ecuación é
GRAFICO
onde r é o radio da circunferencia fixa e a, o radio da circunferencia móbil. Se r=na, a epicicloide ten n cúspides (n, número natural). Se r=a, a curva dexenera nunha cardioide. Se r=2a, faino unha nefroide.