epílogo

epílogo

(

  1. s m [LIT]

    Última parte dun discurso ou peroración, na retórica grega, en que se fai a enumeración das probas e se trata de mover con máis eficacia que antes o ánimo do auditorio.

  2. s m [LIT]

    Escrito que aparece ao final dun libro como conclusión ou resumo.

  3. s m [ESPECT/LIT]

    Parte final da obra teatral que resume a trama. Entre os epílogos máis coñecidos da literatura dramática galega figura a breve escena coa que remata Os vellos non deben de namorarse, de Afonso Daniel Rodríguez Castelao.

  4. s m

    Suceso que cambia o final doutro suceso anterior que se consideraba terminado.

    Ex: A voda tivo un epílogo desastroso. Nunca imaxinou o tráxico epílogo da súa existencia.

Palabras veciñas

Epilobium | epilogal | epilogar | epílogo | Epiménides de Creta | epimerismo | epímero