epónimo -ma
(< gr ἐπώνυμος ‘que dánome’)
-
s
m
[HIST]
Título que recibían os maxistrados ou sacerdotes gregos que lle daban o seu nome ao ano durante o que exercían o seu cargo.
-
s
m
[ONOM]
-
Antropónimo ou topónimo que designa un pobo, dinastía, época, cidade, país, movemento literario ou artístico, corrente política ou filosófica, enfermidade, unidade, etc.
Ex: heroe Atreo
-
Palabra do léxico común que procede dun nome de persoa ou de lugar.
Ex: newton
-
Personaxe que aplica o seu nome á representación dun feito abstracto, normalmente unha calidade ou defecto que posúe este personaxe. Así, por exemplo, Cupido designa o amor e as musas, en conxunto, a inspiración e, de forma individual, unha diversa actividade artística.
-
Antropónimo que serve para denominar unha obra de ficción e que, ademais, é o nome do seu personaxe central.
Ex: Espártaco (filme), Enrique VIII (obra de Shakespeare e filme), Cyrano de Bergerac (obra de E. Rostand e filme), Xelmírez (obra teatral de A. Cotarelo Valledor).
-