epónimo -ma

epónimo -ma

(< gr ἐπώνυμος ‘que dánome’)

  1. s m [HIST]

    Título que recibían os maxistrados ou sacerdotes gregos que lle daban o seu nome ao ano durante o que exercían o seu cargo.

  2. s m [ONOM]
    1. Antropónimo ou topónimo que designa un pobo, dinastía, época, cidade, país, movemento literario ou artístico, corrente política ou filosófica, enfermidade, unidade, etc.

      Ex: heroe Atreo

    2. Palabra do léxico común que procede dun nome de persoa ou de lugar.

      Ex: newton

    3. Personaxe que aplica o seu nome á representación dun feito abstracto, normalmente unha calidade ou defecto que posúe este personaxe. Así, por exemplo, Cupido designa o amor e as musas, en conxunto, a inspiración e, de forma individual, unha diversa actividade artística.

    4. Antropónimo que serve para denominar unha obra de ficción e que, ademais, é o nome do seu personaxe central.

      Ex: Espártaco (filme), Enrique VIII (obra de Shakespeare e filme), Cyrano de Bergerac (obra de E. Rostand e filme), Xelmírez (obra teatral de A. Cotarelo Valledor).

Palabras veciñas

epodo | epokhé* | Epona | epónimo -ma | epopea | epotilona | epoxi-