epopea

epopea

(< gr ἐποποιία)

  1. s f [LIT]
    1. Poema narrativo extenso que desenvolve accións heroicas, a miúdo lendarias ( épica).

    2. Xénero dos poemas que constitúen a tradición épica dun pobo.

  2. s f

    Conxunto de feitos heroicos dignos de ser cantados epicamente.

  3. s f

    Feito ou acción que se realiza con grandes sufrimentos ou superando moitas dificultades.

    Ex: Para os bombeiros foi toda unha epopea rescatar aquela xente.

Palabras veciñas

epokhé* | Epona | epónimo -ma | epopea | epotilona | epoxi- | epoxidación