Epstein-Barr, virus de
Epstein-Barr, virus de
[MICROB]
Herpesvirus humano, presente en todas as poboacións do mundo, que se transmite pola saliva. O seu xenoma está constituído por unha molécula de ADN bicatenario cunha lonxitude dunhas 172 kbp. A infección primaria adoita producirse na primeira infancia; se ten lugar durante a adolescencia pode desenvolver unha mononucleose infecciosa. Está asociado a certos tipos de cancros como o linfoma de Burkitt.