Erb, Wilhelm Heinrich
Erb, Wilhelm Heinrich
Médico alemán. Especializouse nas enfermidades neuropatolóxicas e investigou sobre a electroterapia e as súas aplicacións. Descubriu diversas enfermidades, como a distrofia muscular progresiva que afecta aos músculos pelviano-femorais, coñecida como enfermidade de Erb, e a parálise producida por alteracións do fascículo piramidal da medula, coñecida como parálise de Erb.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Winnweiler -
Deceso
Lugar : Heidelberg