Erbakan, Necmettin

Erbakan, Necmettin

Político turco. Enxeñeiro e profesor universitario, entrou na vida pública en 1971, cando fundou o Partido da Orde Nacional, ilegalizado en 1971. Despois do exilio en Suíza, creou o Partido Islámico de Salvación Nacional e formou parte do goberno de coalición de Demirel en 1979, deposto polo golpe militar de 1980. En 1982 fundou o Refah Partisi (Partido do Benestar), de tendencia islamista, co que gañou as eleccións de 1996, e converteuse en xefe do goberno de coalición co Doğru Yol Partisi de Tansu Çiller. En xuño de 1997 dimitiu como primeiro ministro. En xaneiro de 1998, o Tribunal Constitucional de Turquía inhabilitouno por un período de cinco anos, acusado de atentar contra a laicidade do Estado turco. Perdeu o seu escano de deputado e a súa formación, o Refah, foi ilegalizada. No ano 2000, foi condenado a un ano de prisión por un discurso político que o Tribunal Constitucional considerou incitador ao odio relixioso e étnico.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Sinope