Ereğli
Ereğli
Cidade portuaria do il de Zonguldak, Turquía, situada no Mar Negro, ao NO de Ancara (63.800 h [1990]). A conca carbonífera máis importante do país está preto desta cidade. Fundada no s VI a C por gregos de Megara e Beocia, coñeceuse durante a Antigüidade como Heraclea do Ponto e alcanzou no s IV a C un gran desenvolvemento urbano. En época romana comezou a súa decadencia e durante o medievo construíuse unha cidadela sobre a cidade antiga.