Erias Rey, Antonio

Erias Rey, Antonio

Político e economista. Doutor en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor de economía aplicada na Universidade de Santiago (1987-1991) e na Universidade da Coruña, da que foi catedrático (1992-1999) e decano (1993-1999); e profesor na Escola de Traballo Social de Galicia (1976-1994). Doutorouse coa tese La coordinación de la política monetaria española ante la integración (económica) de la Europa Occidental. Levou a cabo outras actividades académicas como coordinador da UNED no Centro Asociado de Pontevedra, director do curso de posgrao de Dirección e Xestión de Cooperativas e Pequenas e Medianas Empresas na Universidade da Coruña, presidente do Comité Científico da Asociación Científica de Economía e Dirección da Empresa da Coruña e coordinador científico do Instituto de Estudios Económicos de Galicia Pedro Barrié de la Maza. Pertenceu á Asociación para a Integración en Europa, ao consello asesor da revista do Consello Galego de Economistas, ao consello reitor da Escola Galega de Administración Pública e á Fundación Alfredo Brañas. Como membro do Partido Popular foi concelleiro-portavoz do grupo municipal no concello da Coruña e vicepresidente primeiro da Deputación Provincial (1999). É coautor, entre outros, dos títulos Perspectivas de creación de emprego en Galicia, 1997-2001 (1997), Política monetaria y política fiscal (1998) e El sector público autonómico de Galicia: delimitación económico-financiera (1998).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Vigo