erisipeloide
erisipeloide
(< erisipela + -oide)
s
f
[PAT]
Dermatite infecciosa causada por bacterias da especie Erysipelothrix insidiosa. Preséntase en forma de eflorescencia que recorda a erisipela, pero diferénciase desta porque aparece nas mans, e os síntomas como a febre e os arrepíos non son tan comúns como na erisipela. A erisipeloide é unha enfermidade típica dos vendedores de carne, comerciantes de embutidos, traballadores dos matadoiros e todo aquel persoal en contacto coa carne. Tamén recibe o nome de enfermidade de Rosenbach.