eritrasma
eritrasma
s
m
[PAT]
Infección cutánea causada por diversos axentes patóxenos como Corynebacterium minutissimum. Dá lugar á formación de placas cutáneas de cor vermella escura, ben delimitadas e exfoliativas. Estas lesións aparecen especialmente nas áreas húmidas do corpo como a ingua, o escroto, a cara interna das coxas, as axilas e as pregaduras cutáneas. Ten unha maior incidencia nos climas cálidos.