Ernout, Alfred

Ernout, Alfred

Filólogo francés. Foi profesor na Sorbonne (1924-1944) e no Collège de France (1944-1951). Sucedeu a L. Havet como director na École des Hautes Études (1925) e a Camille Jullian na Academie des Inscriptions et Belles Lettres (1934). As súas principais obras enmárcanse dentro do campo da lingüística latina: Ditionnaire étymologique da la langue latin (1932, con A. Meillet), Syntaxe latine (1935, con F. Thomas) e Aspects du vocabulaire latine (1961). Como editor e tradutor de textos publicou Lucrecio (1920), Petronio (1922), Salustio (1951) e Pseudo-Salustio (1961). Entre 1952 e 1963 dirixiu a edición da Historia Natural de Plinio (nove volumes publicados).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Lille

  • Deceso

    Lugar : París