Ernst, Richard Robert

Ernst, Richard Robert

Químico suízo. Estudiou no Instituto Politécnico de Zúric, onde se licenciou en 1956 e doutorou en 1962. A súa actividade principal foi a mellora da espectroscopia de resonancia magnética nuclear (RMN), descuberta por F. Bloch e E. M. Purcell, moi empregada como instrumento de análise tanto no campo da química, como da medicina, e tamén en bioquímica. Por estes traballos recibiu en 1991 o Premio Nobel de Química.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Winterthur