Erpe Erpen

Erpe Erpen

Filólogo neerlandés. Graduouse na Universidade de Leiden como magister artium liberalium (1608). Ata 1612 continuou os seus estudios por varias cidades europeas e comezou a interesarse polo Próximo Oriente e o orientalismo. En 1613 regresou a Holanda e, en 1620, foi nomeado profesor de linguas hebraicas na Universidade de Leiden. Escribiu gramáticas de hebreo e árabe. As súas edicións foron un punto de referencia para a filoloxía árabe; entre elas cómpre destacar a Grammatica arabica (1613) e Rudimenta linguae arabicae (1620), unha versión reducida da primeira. O seu discípulo Jacobus Golius (1596-1667) redactou un dicionario latín-árabe que non foi superado en dous séculos. Despois da súa morte, o duque de Buckingham comprou os seus manuscritos que, en 1934, foron doados á University of Cambridge. Tamén cómpre destacar as súas obras Grammatica arabica dita Giarumica, cum versione Erpenii (1617), Orationes tres de linguarum ebraeae atque arabicae dignitate (1621) e Grammatica chaldaea et syra (1628).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Gorinchem

  • Deceso

    Lugar : Leiden