Ervixio
Ervixio
Rei visigodo (680-687). Desprazou do poder a Wamba no 680 e foi lexitimado pola Igrexa no XII Concilio de Toledo (681). Trala súa chegada ao poder suavizou as sancións contra os que non cumprían as súas obrigas militares, condonou os tributos non satisfeitos e restituíu os bens daqueles nobres que participaran na revolta de Paulo. Reforzou o poder da Igrexa e da nobreza, ditou numerosas disposicións contra os xudeus e revisou o Código de Recesvinto. Falto de sucesión masculina, nomeou sucesor ao seu xenro Éxica, parente próximo de Wamba.
Cronoloxía
-
Deceso
Lugar : Toledo