Eythroxylon

Eythroxylon
[PLANTA]

Xénero de plantas leñosas, da familia das eritroxiláceas, de ata 3 m de altura, de cortiza abrancazada, follas elípticas semellantes ás da laranxeira, flores amarelas e froitos drupáceos. Propias de Sudamérica, ten especial interese para o home a especie E. coca, que presenta nas follas alcaloides estimulantes e narcóticos. Destas follas secas obtense un extracto ou aceite esencial que, purificado, dá cocaína.