Eyskens, Gaston

Eyskens, Gaston

Economista e político belga. Profesor da Universidade de Louvain desde 1931, ocupou os cargos de ministro de Finanzas (1947-1949 e 1965-1966), gobernador do Banco Internacional para a Reconstrución e o Desenvolvemento (1947-1949) e ministro de Asuntos Exteriores (1950). Primeiro ministro en dúas ocasións, durante o seu primeiro mandato (1958-1961) concedeuse a independencia ao Congo. No seu segundo mandato (1968-1972) procurou un maior entendemento entre a comunidade flamenga e a francófona. Entre as súas obras destacan Le Port de New York dans son rôle économique (1929), De Arbeider en de Bedrijfsleiding in Amerika (1931), Economische théorie en economische politiek (1956), Inflatie en international monetair beleid (1968), Beschouwingen over de economische groei (1976) e Academiae analecta (1986).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Lierre, Anveres

  • Deceso

    Lugar : Louvain