1 escada

1 escada

(

    1. s f

      Utensilio formado por dúas barras longas e paralelas que se unen por travesas equidistantes, que realizan a función de chanzos para subir ou descender. Está feita de madeira, corda, metal ou calquera outro tipo de material e pode ser portátil ou mecánica e adaptada a un vehículo.

      Sinónimos: escala, esqueira. Confrontacións: escaleira.
    2. escala de tesoiras

      Escala composta por dúas escalas unidas con bisagras na parte superior.

    3. escala de vento [MAR]

      Escala formada por dúas tiras de cabo, unidas por medio de paos atravesados a xeito de chanzos, que se coloca verticalmente nun costado do barco para embarcar a alguén, cando a embarcación está fóra do peirao ou cando está fondeada en portos e rías de moito movemento.

    4. escala real/de portalón [MAR]

      Escala con dous relanzos e varanda, colocada no costado de estribor do barco, que se emprega para embarcar e desembarcar tripulantes e pasaxeiros.

  1. s f

    Chanzos feitos de distintos materiais que se colocan nun terreo para salvar distintas alturas.

    Sinónimos: esqueira.
  2. s f

    Peza coa forma semellante a unha escada que se coloca diante do presebe do gando para evitar que este estre a herba pola corte e a estrague.

Palabras veciñas

escacho | escachoar | escacholar | 1 escada | 2 escada | Escada, A | Escada, José