escala
(< lat scala)
-
s
f
Utensilio formado por dúas barras longas e paralelas que se unen por travesas equidistantes, que fan a función de chanzos para subir ou descender. Pode ser portátil ou mecánica e adaptada a un vehículo.
Sinónimos: esqueira. -
-
s
f
Serie graduada ascendente ou descendente con relación a unha calidade ou aspecto común.
-
s
f
[MÚS]
Sucesión de sons dispostos segundo un modo ou sistema determinado. As escalas diferéncianse pola distribución das distancias entre as notas e pola súa altura inicial. No s XI, Guido d’Arezzo deulle nome a cada unha das notas do hexacordio: ut, re, mi, fa, sol, la, sílabas iniciais de cada hemistiquio da primeira estrofa do himno a san Xoán Bautista. Máis tarde agregouse un sétimo grao, denominado si. A sílaba ut, difícil de cantar, cambiouse no s XVII pola sílaba do. Nos países xermánicos e anglosaxóns empréganse letras do alfabeto. O sistema musical europeo aparecido na Idade Moderna baséase en dous tipos de escala: a diatónica e a cromática. A primeira, denominada tamén escala natural, dispón as sete notas en cinco tons e dous semitóns de intervalos. Segundo a distribución destes entre as notas, a escala será de modo maior ou menor. A escala cromática divídese en doce notas e está formada por semitóns. Hai outros tipos de escala como, por exemplo, a pentatónica (cinco sons no ámbito dunha oitava).
-
escala de grises
[INFORM]
Gama dos grises dunha imaxe medidos por un escáner fotográfico.
-
escala de proxección
[IND/ARTE]
Película positivada cunha serie de aumentos de densidade dende a transparente á opaca, coa que se avalía a exposición necesaria para o positivado.
-
escala gradual de penas
[DER]
Cada unha das series de penas ordenadas nos códigos de maior a menor gravidade, para adaptarse á índole, aos graos e ás circunstancias dos delitos e da participación dos culpables.
-
escala hedónica
[ALIM]
Sistema de valoración numérica utilizado na técnica de cuantificar a aceptación nutritiva dun alimento, xeralmente a través do sabor. Comprende dende o valor 9, que significa ‘agrada extraordinariamente’, ata o 1 ou ‘desagrada extraordinariamente’, pasando polo valor medio 5 que indica ‘non agrada nin desagrada’.
-
s
f
-
-
s
f
Liña graduada dividida en partes iguais ou desiguais, empregada para medir calquera cousa.
-
escala absoluta de temperatura
[FÍS]
Escala de temperatura na que a orixe, o cero absoluto, representa a temperatura á que a presión dun gas ideal é nula, polo que non pode haber valores negativos. Hai dúas escalas absolutas de temperatura que son a Kelvin e a Rankine.
-
escala de enfoque
[IND/ARTE]
Escala de distancias de números ou símbolos que aparece sinalado no obxectivo para saber a distancia á que se está enfocando.
-
escala de mareas
[XEOG]
Instrumento para medir o nivel das augas do mar, construído cunha madeira vertical dividida en centímetros e decímetros.
-
escala de Richter
[XEOL]
Escala graduada do 1 ao 10 que se utiliza para medir a intensidade dos movementos sísmicos.
-
escala termométrica/de temperatura
[FÍS]
Relación entre a temperatura e a magnitude termométrica utilizada. As máis importantes son a de Celsius, a Fahrenheit, a Kelvin e a Rankine.
-
s
f
-
-
s
f
[BÉL]
Parte do persoal profesional dun exército, arma ou corpo que, polo seu contido e procedencia, constitúe un conxunto especial e diferenciado, agrupado en función da súa antigüidade.
-
s
f
[DER]
Clasificación dos funcionarios dunha corporación segundo o lugar de traballo, a antigüidade ou os méritos, entre outros factores. Comporta diferencias en canto á autoridade e aos emolumentos.
-
escala social
[SOCIOL]
Serie de persoas ou estamentos que forman a sociedade, graduada segundo as súas categorías.
-
s
f
[BÉL]
-
s
f
[XEOG]
Relación da distancia entre a representación de dous puntos nun mapa e a distancia real deses dous puntos na superficie da Terra. Pódese expresar por medio dun cociente numérico (p ex 1:25.000, no que 1 cm no plano equivale a 250 m no mapa), ou mediante unha barra graduada (escala gráfica). A elección da escala faise en función do uso que se desexe facer do mapa. Canto maior sexa a escala, é dicir, canto máis pequeno sexa o denominador, os elementos representados terán un detalle máis grande.
-
s
f
Importancia maior ou menor de algo, como un negocio ou un asunto.
Ex: Crearon un negocio a grande escala.
-
s
f
-
Lugar en que para unha nave para efectuar un embarque ou desembarque de persoas ou mercadorías entre o punto de orixe e o de destino.
-
Parada que realiza calquera nave de transporte entre o punto de orixe e o de destino para cargar ou descargar pasaxeiros ou mercadoría.
-
-
s
f
[HIST]
Praza comercial establecida polos países europeos en territorios dominados polos musulmáns. Ata o s XV tratáronse de concesións de carácter gratuíto, pero desde 1470 pasaron a rexerse polo sistema de capitulacións que garantía a liberdade de comercio e navegación. Distinguíronse entre escalas de Levante, entre outras, os portos entre Esmirna e Alexandría e O Cairo; e as escalas de Berbería, entre outras, Trípoli e Tunes.
-
escala móbil
[DER/ECON]
Fórmula xurídica mediante a que o prezo de certos produtos sometidos a taxas, a renda dos arrendamentos rústicos ou urbanos, ou o salario establecido nun contrato, varían de acordo coas flutuacións dun elemento ou indicador económico externo á relación xurídica, e que produce unha revisión automática e periódica daqueles.