Escala, l’
Escala, l’
Municipio da provincia de Girona, Catalunya, situado ao S do golfo de Roses (5.266 h [1996]). Tradicionalmente, a pesca foi o principal recurso económico, pero a grande afluencia turística provocou a auxe do sector terciario. Do seu patrimonio cultural destacan, ademais das ruínas de Empúries, o Alfolí de la Sal (s XVII), a igrexa de Sant Pere (s XVIII), o cemiterio vello e o Museu Victor Catalá.