Escalada

Escalada
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe de orixe castelá que pasou a Galicia. As súas armas traen, en campo de sinople, unhas rochas ao natural, sumadas dunha torre de prata aclarada de azul; apoiada no seu muro da dereita, unha escaleira de ouro, e na súa homenaxe, un home armado de prata con espada e rodela. Ao lado destro da torre, un crecente de prata superado dunha estrela de ouro, e ao lado sinistro, unha flor de lis de ouro superada doutra estrela de prata. Outra variante trae escudo axadrezado de prata e goles; bordo de azul con oito estrelas de ouro.

Palabras veciñas

Escala, l’ | escalable | escalada | Escalada | Escaladei | escalador -ra | escalamento