Escalda
Escalda
Río de Europa (430 km de longo). Nace en Picardie, preto de Le Catelet; en dirección norte atravesa a chaira flamenga ata desembocar no Mar do Norte por Zeland, Países Baixos, onde forma un amplo esteiro. É un río de chaira, con numerosos meandros, canalizado en case toda a súa totalidade. Na Idade Media, o comercio hanseático e italiano e a industria téxtil favoreceron o desenvolvemento á súa beira de cidades como Gante e Avers.