escatol
escatol
(< 2 escato- + -ol)
s
m
[BIOQ]
Produto resultante da descomposición, polas bacterias do intestino, do triptofano das proteínas da dieta. Contribúe a darlles o olor característico aos excrementos. Non é tóxico nas cantidades producidas ordinariamente. Pódese obter artificialmente quentando estricnina con cal vivo.