escavación

escavación

(

  1. s f
    1. Acción de escavar.

      Sinónimos: escava.
    2. [ARQUEOL]

      Traballo de campo sistemático, propio do arqueólogo, que consiste no desenterramento, recuperación, exame, rexistro e interpretación dos depósitos, estruturas, artefactos, restos orgánicos ou inorgánicos ambientais, e outros restos dentro dunha área, sitio ou terreo arqueolóxico no medio terrestre ou acuático. Para o seu desenvolvemento é necesaria, en primeiro lugar, a prospección da área que se quere escavar para determinar o lugar exacto da escavación; despois, iníciase o proceso de escavación cos materiais necesarios para a limpeza do terreo e remoción da terra, que permiten a aparición dos achados e da secuencia estratigráfica que debe ser fotografiada, estudada topograficamente, rexistrada, deseñada e, finalmente, conservada; no caso dos achados, estes deben almacenarse.

  2. s f

    Lugar en que se está a escavar ou en que se escavou.

    Ex: Organizaron unha visita á escavación romana. Produciuse un accidente na escavación, ó caer nela un neno.