escifozoo -a

escifozoo -a
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos escifozoos.

  2. s m [ANIMAL]

    Cnidario da clase dos escifozoos.

  3. s m pl [ANIMAL]

    Clase de subtipo dos cnidarios, caracterizada pola preponderancia dos individuos da fase medusa sobre os da fase pólipo, que mesmo pode faltar. Presentan unha mesoglea moi grosa e un mesénquima con moi poucas células, e contan con cnidocitos na epiderme e gastroderme. As gónadas teñen unha orixe endodérmica e están localizadas na gastroderme; a cavidade gastrovascular está dividida en catro bolsas gástricas. Os pólipos son de vida solitaria e producen medusas por estrobilación. Todos os escifozoos son mariños.

Palabras veciñas

escifo | escifomedusa | escifóstoma | escifozoo -a | escila | Escila | escilarina