Escila
Escila
[MIT]
Monstro que, xunto con Caribdis, impedía o paso polo estreito de Mesina. Na Odisea preséntase como filla da deusa Crateis. Personificaba un arrecife da costa italiana que, baixo a forma de muller rodeada na parte inferior de seis feroces cans, devoraba os que alí se achegaban.