esclerocio

esclerocio

(

s m [MICOL]

Estrutura dura formada por un conxunto de hifas densamente entrelazadas, xeralmente envolta por unha cuberta protectora quitinizada. Aparece nalgunhas especies de fungos cando están sometidas a condicións adversas. Adoita ser rico en substancias de reserva e capaz de permanecer durante moito tempo en estado de vida latente.