esclerodermia

esclerodermia

(< esclero- + -dermia)

s f [PAT]

Enfermidade do grupo das colaxenoses, de causa descoñecida e de patoxenia inmunolóxica, que afecta á pel, ás articulacións, aos músculos e a algunhas vísceras como o esófago e o resto do tubo dixestivo, o pulmón, o corazón e os riles. A forma xeneralizada da enfermidade denomínase tamén esclerose sistemática progresiva e os seus síntomas principais son: enfermidade de Raynaud, esclerodactilia, artralxias, telanxiectasia, calcificacións subcutáneas ou calcinose, afectación da cara, que se volve coma unha máscara, e trastornos funcionais das vísceras danadas.