Escopas
Escopas
Escultor grego. Foi un dos mestres da época clásica tardía. Atribúeselle o gran relevo da Amazonomaquia do Mausoleo de Halicarnaso. Traballou nos templos de Nemea e Atenea Alea en Tegea (Asia Menor) e no Artemisión de Éfeso como arquitecto e escultor. Entre as súas obras, coñecidas por copias romanas, destacan Ménade, Meleagre e Nióbidas.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Paros