Escoto Erigena, John

Escoto Erigena, John

Filósofo irlandés. Supervisor da escola da corte de Carlos II o Calvo, traduciu ao latín varias obras de Dionisio o Aeropaxita e elaborou un sistema filosófico baseado no neoplatonismo. Considerou que a natureza estaba dividida en natureza que crea e é increada; natureza que é creada e crea; natureza que é creada e non crea; e natureza que nin crea nin é creada. Afirmou que Deus sería o fin último de todas as cousas e o punto máis alto da creación, e que o destino final dos individuos non dependía de Deus, xa que a vontade do home interviña na salvación ou condenación do home, feito que lle valeu a condenación da súa obra nos concilios de Valence (855), Langres (859) e Vercelli (1050). Destacan as súas obras De praedestinatione (851) e Periphyseon (865-870).