Escrivá de Balaguer y Albás, José María
Eclesiástico. Realizou en Zaragoza os estudios eclesiásticos e de dereito e ordenouse sacerdote en 1925. Foi profesor de ética e filosofía na Escuela de Periodismo de Madrid e de dereito romano nas universidades de Zaragoza e Madrid. O 2 de outubro de 1928 fundou o Opus Dei, que pronto comezou a súa expansión (Portugal 1935, Francia 1940). A doutrina do seu movemento, que fundara co “fin de difundir, en todos os ambientes da sociedade, unha toma de conciencia da chamada universal á santidade e ao apostolado na vida ordinaria e, máis especificamente, no exercicio do propio traballo profesional”, deixouna recollida na súa obra Camino, publicada en 1934 co título Consideraciones Espirituales. Establecido en Roma, participou activamente na vida da Igrexa: membro da Pontificia Academia Romana de Teoloxía, foi nomeado Prelado de Honor da Súa Santidade e consultor na Comisión Pontificia para a Interpretación do Dereito Canónico e na Sagrada Congregación para a Educación Cristiá. Xoán Paulo II beatificouno o 17 de maio de 1992. O 6 de outubro de 2002, celebrouse en Roma a cerimonia da súa canonización, que significou a súa elevación aos altares co nome de san Xosemaría.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Barbastro, Huesca -
Deceso
Lugar : Roma