Escuela del Trabajo
Escuela del Trabajo
Publicación aparecida a partir de xaneiro de 1932 en Ourense. Cesou a súa edición en marzo de 1934 (nº26). Subtitulouse “Revista mensual de educación de la ATEO”. O seu primeiro director foi Albino Núñez Domínguez, substituído en 1933 por Baltasar Vázquez. Coa dimisión deste último pasaron a coordinar a publicación Luís Soto Fernández, Elixio Núñez e Manuel Luís Acuña. De tendencia socialista, incluíu artigos de carácter político e educativo, en que se reflectían as reivindicacións dos mestres galegos, denunciou o auxe do fascismo, realizou unha defensa da paz e da escola campesiña e criticou as relacións entre política e relixión.