Escuela Vivida
Escuela Vivida
Publicación quincenal aparecida en Pontevedra a partir do 2 de maio de 1935. Cesou a súa edición o 16 de xullo de 1936 (nº53). Subtitulouse “Órgano de la Casa del Maestro”. Defendía o ensino laico, gratuíto e obrigatorio, e reclamaba a aprendizaxe en lingua galega ata os oito anos. Incluíu información sobre ciencia, arte, lexislación e política educativa. A sección societaria dirixiuna o secretario da sección da FETE de Vigo, Víctor Fráiz. Era o órgano de expresión da nova pedagoxía e da nova profesionalidade docente que estaba a xurdir en Galicia no marco da Segunda República e co horizonte da autonomización política.