Esdras
Esdras
Gran sacerdote xudeu. Viviu na corte persa de Babilonia, onde serviu como funcionario encargado dos asuntos hebreos. Marchou cun grupo de xudeus que retornaron a Xerusalén, impuxo a lei de Moisés e, coa axuda do gobernador Nehemías, impulsou as obras do Segundo Templo de Xerusalén. Reuniu os libros da Biblia e iniciou unha nova forma de culto en que a súa lectura comunitaria se converteu na base da vida relixiosa do pobo.