esfera
(< lat sphaera < gr σ)
-
s
f
[MAT]
Espacio limitado por unha superficie esférica e que contén o centro desta; é dicir, o sólido interior á superficie esférica constituído por todos os puntos que teñen unha distancia ao centro menor ou igual ca o radio. O volume da esfera é V=4/3πr3, onde r é o radio da superficie esférica.
-
-
s
f
Corpo con forma de esfera ou semellante a ela.
-
esfera celeste
[ASTRON]
Esfera imaxinaria, concéntrica co globo terráqueo, na superficie da que se representan os astros, os seus movementos e tamén os diferentes círculos astronómicos (ecuador, eclíptica, etc).
-
esfera fotónica
[ASTRON]
Rexión situada ao redor dun buraco negro que captura a luz que viaxa con ángulos determinados; confínase no interior polo límite estático.
-
esfera terrestre
[XEOG]
Representación esférica a escala do globo terráqueo. A primeira coñecida é a de Crates (150 a C).
-
s
f
-
s
f
Superficie sobre a que xiran as agullas do reloxo ou de calquera outro instrumento semellante.
Ex: A esfera do meu reloxo.
-
s
f
Espacio en que se exerce a acción, a influencia, o coñecemento, ou a actividade de alguén ou dalgunha cousa.
Ex: O sector da política é a súa esfera de acción.
Confrontacións: rea. -
s
f
Rango ou condición social dunha persoa ou dun grupo.
Ex: Mocea cunha rapaza que non é da súa esfera social. As altas esferas económicas están pendentes dos movementos da bolsa.