esférico -ca

esférico -ca

(< esfera)

  1. adx

    Relativo ou pertencente á esfera.

    Ex: Neste problema de matemáticas hai que calcular o volume esférico.

  2. adx

    Que ten forma de esfera.

    Ex: O meu reloxo é esférico.

  3. superficie esférica [MAT]

    Lugar xeométrico de todos os puntos do espacio equidistantes dun punto denominado centro. Pódese considerar que se xera pola revolución dun semicírculo arredor do diámetro que o limita. A ecuación da superficie esférica co centro na orixe é x2+y2+z2=r2, onde r é o radio da esfera, e a súa área, 4πr2.

Palabras veciñas

esfenopalatino | esfera | esfericidade | esférico -ca | esfericocilíndrico -ca | esferita | esferocisto