Eskoriatza
Eskoriatza
Municipio do territorio de Gipuzkoa, Euskadi, drenado polo río Deba (3.999 h [1996]). As actividades relacionadas coa industria, principalmente a metalurxia, son a base da súa economía. Tamén destacan a agricultura (cereais) e a cría de gando ovino e porcino. Do seu patrimonio cultural cómpre salientar o túmulo de Puntiaga, onde foron achados os cascos de Axtroki, e o castelo de Aitzorrotz.