Eslavonia

Eslavonia
Nome científico: [serbocroata: Slavonija]

Rexión natural do S de Europa, nos Balcáns, no interfluvio dos ríos Drave e Save, repartida entre Croacia, Serbia e Bosnia-Herzegovina. Formou parte da provincia romana de Panonia e desde a Alta Idade Media constituíu o sector oriental do Reino de Croacia. Trala dominación franca (812-818), invadírona os maxiares e no 925 acadou a súa independencia. A invasión turca de Serbia (s XVI) converteuna en refuxio de numerosos serbios, que se acabaron integrando cos croatas. Liberada dos turcos en 1699, uniuse ao Reino de Croacia en 1745. Entre 1849 e 1872 formou parte do Reino de Sirmia, e desde a Primeira Guerra Mundial pertenceu a Iugoslavia. Desde 1945 pertence á República Federada de Croacia.