esofaxite
esofaxite
(
s
f
[PAT]
Inflamación, aguda ou crónica, do esófago. Entre as causas da esofaxite aguda están caustificacións de tipo externo, por mor da inxestión accidental ou intencionada de álcalis ou ácidos fortes, ou internas, como consecuencia do refluxo do zume gástrico por incontinencia do cardia, da hernia diafragmática, etc. As esofaxites crónicas débense ao costume de comer ou beber alimentos moi quentes e tamén á regurxitación dos zumes gástricos.