Espalter Rull, Joaquim
Espalter Rull, Joaquim
Pintor. Formouse na Escola de Llotja de Barcelona e na Escola de Nobres Artes de Marsella. Membro do grupo dos nazarenos cataláns, en 1842 estableceuse en Madrid, onde fundou a revista artística El Renacimiento, xunto a Federico de Madrazo e Eugenio Ochoa (1847). Foi profesor da Escuela de Bellas Artes dende 1857 e pintor de cámara de Isabel II. Decorou, entre outras, as salas da presidencia do palacio do Congreso de los Diputados (1851?), o palacio Gaaviria (1855-1858) e o paraninfo da Universidade de Madrid (1855-1858). Entre as súas obras destacan A familia Flaquer (1845), Maties Muntadas e La era cristiana (1871). Pertenceu á Real Academia de Bellas Artes de San Fernando dende 1843.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Sitges -
Deceso
Lugar : Madrid