Espantoso
Espantoso
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que se estableceu no pazo de Lodoira, lugar de Mesía, partido de Ordes. Levan as mesmas armas ca os Mosquera; en campo de prata, cinco cabezas de lobo, de sable, degoladas e sanguentas, postas en aspa.