España

España

Semanario de carácter cultural aparecido en Madrid en 1915 e dirixido na súa primeira etapa por José Ortega y Gasset. En 1916 comezou unha segunda etapa dirixida por Luis Araquistáin e Manuel Azaña. Na súa sección literaria, coordinada por Díez-Canedo, incluíu autores das vangardas literarias, como Bacarisse ou Antonio Espina, e da Xeración do 27, como José Bergamín ou García Lorca; ademais, difundiu estudios sobre a literatura estranxeira, especialmente de Proust, Marinetti e Apollinaire. Publicou, entre xullo e outubro de 1920, Luces de bohemia, de Valle-Inclán.