Espartinas

Espartinas

Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía (4.160 h [1996]). A agricultura é a principal actividade económica (cereais, froiteiras e oliveiras). A proximidade de Sevilla favoreceu a instalación no termo dalgunhas industrias do sector téxtil e alimentario. De orixe romana, parece que o seu nome procede da planta do esparto, moi abundante nesta zona. A partir de 1249 aparece nos documentos como Espartinas e desde 1281 utiliza no seu escudo a cruz de Malta e as oito aspas en recoñecemento á axuda que lle prestaron a Afonso X na Batalla de Baeza. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de Nuestra Señora de la Asunción (s XVIII), o santuario da Virxe de Loreto e as facendas de Mejina, Tablantes, Loreto e Marchalomar.