Espasantes, Santo Estevo de
Espasantes, Santo Estevo de
Igrexa parroquial situada en Pantón. De orixe románica, da primitiva construción conserva a ábsida rectangular. Ten unha soa nave con cuberta de madeira. Posúe canzorros e algúns perpiaños mostran signos lapidarios.