espectrina

espectrina
s f [BIOQ]

Proteína presente na membrana dos eritrocitos que é a responsable de fixar a dobre capa de lípidos no citoesqueleto. Realiza un papel fundamental no mantemento da forma discoide destas células. As alteracións na espectrina repercuten na forma dos eritrocitos que se volve máis redonda e menos deformable.