espectro
(< lat spectru ‘imaxe’)
-
s
m
-
isión ou imaxe irreal que alguén ve ou ten na súa imaxinación e que, polo xeral, produce moito medo.
Ex: Non podía durmir porque se sentía vixiado polos espectros.
-
Imaxe dunha persoa morta que se lle aparece a alguén.
Ex: Pola noite apareceulle o espectro do home que morrera hai anos naquela casa.
Sinónimos: fantasma, pantasma. -
Imaxe de algo negativo que atormenta ou que supón unha ameaza pola posibilidade de que poida ocorrer.
Ex: O país intenta saír adiante, fuxindo do espectro da guerra.
-
-
s
m
Persoa extremadamente delgada debido a unha enfermidade ou outra causa.
Ex: Só quedaba o espectro daquela repoluda moza.
-
-
espectro dunha radiación electromagnética
[FÍS]
Conxunto das ondas electromagnéticas monocromáticas, isto é, de lonxitude de onda única e ben definida, que compoñen unha radiación electromagnética. Está composto por unha serie de ondas do espectro electromagnético. Segundo o seu aspecto, o espectro é continuo, de raias ou de bandas; segundo a orixe da radiación, o espectro é nuclear, atómico ou molecular, electrónico, de vibración ou de rotación; segundo a propiedade estudiada, o espectro é de emisión, de absorción, de difusión, etc. O estudio da radiación electromagnética realízase mediante un espectrómetro.
-
espectro eléctrico/electrostático
[FÍS]
Figura que visualiza as liñas de campo dun campo eléctrico e que se obtén ao esparexer partículas dunha substancia condutora sobre unha superficie non condutora situada no seo do campo eléctrico.
-
espectro electromagnético
[FÍS]
Conxunto de todas as ondas electromagnéticas coñecidas. Estas clasifícanse en función da súa lonxitude de onda, frecuencia, número de onda ou enerxía, e forman un espectro continuo. O espectro electromagnético está dividido, por convenio, en diferentes dominios espectrais ou bandas; emprégase xeralmente unha división formada polo espectro visible, o infravermello, o ultravioleta, o hertziano, o de raios X e o de raios gamma. O espectro dunha radiación electromagnética está composto por un conxunto de ondas do espectro electromagnético.
-
espectro electrónico
[FÍS]
Espectro atómico ou molecular que resulta de transicións entre os niveis electrónicos dos átomos ou das moléculas, respectivamente, dunha substancia.
-
espectro estelar
[ASTRON]
Espectro da radiación electromagnética emitida por unha estrela.
-
espectro hertziano
[FÍS]
Dominio espectral do espectro electromagnético constituído polas lonxitudes de onda máis grandes que 10 -4 m. Está subdividido nas bandas de microondas e de radiofrecuencias.
-
espectro hiperfino
[FÍS]
Espectro atómico en que as raias foron desdobradas como consecuencia da presencia de diferentes isótopos da substancia estudada ou do encaixe spin nuclear/momento angular total.
-
espectro infravermello
[FÍS]
Dominio espectral do espectro electromagnético comprendido entre as lonxitudes de onda 8´10 -7 e 10 -3 m. Está subdividido en diferentes bandas: infravermello próximo (8´10 -7 - 3´10 -6 m), infravermello (3´10 -6 - 1,4´10 -5 m) e infravermello afastado (1,4´10 -5 - 10 -3 m).
-
espectro lóstrego
[ASTRON]
Espectro de emisión da cromosfera solar que se observa nas eclipses solares totais, no momento en que o disco da Lúa tapa completamente o disco solar. A duración deste fenómeno é duns 10 s.
-
espectro magnético
[FÍS]
Figura que visualiza as liñas de campo dun campo magnético e que se obtén ao esparexer limaduras de ferro sobre unha superficie non magnética situada no seo dun campo magnético.
-
espectro molecular
[FÍS]
Espectro da radiación electromagnética emitida, absorbida ou difundida por unha substancia como consecuencia de transicións entre os niveis enerxéticos das súas moléculas. Pódense distinguir tres compoñentes: o espectro de rotación, o espectro de vibración e o espectro electrónico.
-
espectro nuclear
[FÍS]
Espectro da radiación electromagnética emitida ou absorbida por un núclido que experimenta unha transición dun nivel de enerxía a outro. Está constituído por radiación de alta frecuencia (>10 19 Hz).
-
espectro nuclear
[FÍS]
Espectro da radiación corpuscular emitida por un núclido que experimenta unha transformación radioactiva.
-
espectro óptico
[FÍS]
Espectro dunha radiación electromagnética contida no espectro visible.
-
espectro óptico
[FÍS]
Espectro atómico ou molecular que corresponde a transicións electrónicas de baixa enerxía, en que as frecuencias producidas pertencen ao infravermello ou ao ultravioleta próximos.
-
espectro solar
[ASTRON]
Espectro da radiación electromagnética emitida polo Sol. Esténdese dende o dominio dos raios gamma ao radioeléctrico. Na parte visible e infravermella do espectro, a curva de intensidades en función da lonxitude de onda é similar á dun corpo negro a unha temperatura de 6.000°K, cun máximo de intensidade a 500 nm; este espectro débese á fotosfera solar e presenta unhas raias de absorción chamadas raias de Fraunhofer. Nas zonas extremas deste espectro, a curva de intensidades é similar á dun corpo negro a 10 6 °K; esta parte de espectro débese á coroa solar e ás fulguracións solares.
-
espectro ultravioleta
[FÍS]
Dominio espectral do espectro electromagnético comprendido entre as lonxitudes de onda 10 -9 e 4´10 -7 m. Está subdividido en distintas bandas: ultravioleta extremo (10 -9 - 5´10 -8 m), ultravioleta de Lyman (5´10 -8 - 10 -7 m) e ultravioleta de Schuman (1,2´10 -7 - 4´10 -7 m).
-
espectro visible
[FÍS]
Dominio espectral do espectro electromagnético comprendido entre as lonxitudes de onda 4´10 -7 e 8´10 -7 m.
-
s
m
[FÍS]
Conxunto de compoñentes elementais que forman unha entidade complexa.
-
s
m
[FÍS]
Representación gráfica das intensidades (amplitude, intensidade de radiación, número de partículas, etc) dos compoñentes elementais (ondas monocromáticas, partículas, etc) que forma unha entidade complexa en función dunha magnitude periódica (frecuencia, período, lonxitude de onda, número de onda, etc) ou non periódica (masa, velocidade, momento lineal, enerxía, etc).
-
s
m
[FÍS]
Conxunto de frecuencias, lonxitudes de onda, números de onda ou enerxías, das compoñentes monocromáticas dunha onda composta.
-
s
m
[FÍS]
Conxunto dos valores dunha magnitude periódica ou non periódica dos diferentes compoñentes dunha entidade complexa.
-
espectro acanalado
[FÍS]
Espectro descontinuo que se produce ao descompoñer espectroscopicamente a luz do branco de orde superior. Consiste nun conxunto de bandas brillantes separadas por bandas escuras, os canais, que corresponden ás lonxitudes de onda que faltan no branco de orde superior.
-
espectro acústico
[FÍS]
Conxunto das ondas sonoras, de frecuencias ben definidas, que compoñen por superposición un son. Represéntase, xeralmente, especificando as amplitudes, e, ás veces, as fases, das compoñentes do son en función da frecuencia. A análise de Fourier facilita a descomposición da onda nas súas compoñentes. O espectro é continuo se o son se compón dunha serie continua de frecuencias, e é de raias se se compón dunhas frecuencias separadas por intervalos, que dependen da sensibilidade do instrumento co que se fai a análise. Cando o son está producido por unha soa fonte, considérase formado por unha superposición de sons, que teñen como frecuencias harmónicos dunha frecuencia fundamental. O conxunto de todas as frecuencias do espectro dun son determina o seu timbre, mentres que a frecuencia fundamental determina o seu ton. Unha mestura de sons de frecuencias fundamentais arbitrarias recibe o nome de ruído. Para o estudo dun son calquera emprégase o espectrógrafo acústico e para o estudo do ruído producido na fala emprégase o sonógrafo.
-
espectro alfa
[FÍS]
Espectro de enerxía das partículas α contidas na radiación emitida por unha substancia radioactiva; é un espectro discreto. O coñecemento deste espectro permite clasificar as partículas α da radiación en función do valor do seu momento lineal ou da súa enerxía cinética. A separación do feixe de partículas α, emitidas pola substancia radioactiva, en diferentes feixes, conséguese mediante un espectrómetro magnético.
-
espectro atómico
[FÍS]
Espectro da radiación electromagnética emitida ou absorbida por unha substancia como consecuencia das transicións dos electróns entre os niveis enerxéticos dos seus átomos. Un espectro atómico pode ser, xa que logo, de emisión ou de absorción. Distínguese entre espectro óptico, se os niveis enerxéticos implicados son os exteriores do átomo, e espectro X, se interveñen niveis máis profundos.
-
espectro beta
[FÍS]
Espectro de enerxía das partículas β contidas na radiación emitida por unha substancia radioactiva; é un espectro continuo. O coñecemento deste espectro permite clasificar as partículas β da radiación segundo o valor do seu momento lineal ou da súa enerxía cinética. A separación do feixe de partículas β, emitidas pola substancia radioactiva, en diferentes feixes, conséguese mediante un espectrómetro magnético.
-
espectro continuo
[FÍS]
Espectro dunha radiación electromagnética formado por unha serie continua de lonxitudes de onda comprendidas entre dous valores extremos.
-
espectro de absorción
[FÍS]
Espectro da radiación electromagnética que resulta do paso dunha radiación electromagnética de espectro continuo a través dunha substancia absorbente. Está formado xeralmente por un espectro continuo no que faltan algunhas lonxitudes de onda, que aparecen como raias ou bandas escuras na imaxe espectroscópica. Estas lonxitudes de onda son as mesmas do espectro de emisión da substancia en cuestión, propiedade que se emprega na espectroscopia.
-
espectro de arco
[FÍS]
Espectro atómico de emisión dunha substancia debido ao átomo neutro, que se obtén vaporizando un sal metálico deste átomo nun arco eléctrico. Desígnase co número romano I precedido do símbolo do elemento químico (por exemplo, HeI).
-
espectro de bandas
[FÍS]
Espectro dunha radiación electromagnética formado por conxuntos de bandas moi xuntas que se acumulan formando bandas separadas unhas das outras.
-
espectro de chama
[FÍS]
Espectro atómico de emisión dunha substancia debido ao átomo neutro, que se obtén ao vaporizar un sal metálico deste átomo nunha chama.
-
espectro de chispa
[FÍS]
Espectro atómico de emisión dunha substancia que se obtén ao facer saltar unha chispa a través del. Con electrodos metálicos, a evaporación deste metal dá lugar a raias adicionais.
-
espectro de difusión
[FÍS]
Espectro da radiación electromagnética difundida por unha substancia ao ser atravesada por unha radiación monocromática.
-
espectro de emisión
[FÍS]
Espectro da radiación electromagnética emitida por unha substancia. Pode ser continuo, de raias ou de bandas. O espectro de emisión dunha substancia depende da súa composición química e do seu estado físico no momento da emisión.
-
espectro de estructura fina
[FÍS]
Espectro atómico en que as raias espectrais foron desdobradas a consecuencia do encaixe spin electrónico/ momento angular orbital.
-
espectro de frecuencias
[FÍS]
Representación, en función das frecuencias, das amplitudes e, ás veces, das fases, das compoñentes sinusoides dunha magnitude física que é función do tempo.
-
espectro de masas
[FÍS]
Imaxe obtida nun espectrómetro de masa.
-
espectro de potencias
[FÍS]
Repartición, en función da frecuencia, das potencias das compoñentes espectrais dunha magnitude física que é función do tempo.
-
espectro de radiofrecuencia
[FÍS]
Espectro atómico ou molecular formado por radiofrecuencias.
-
espectro de raias
[FÍS]
Espectro dunha radiación electromagnética formado por unha serie descontinua de lonxitudes de onda comprendidas entre dous valores extremos.
-
espectro de raios gamma
[FÍS]
Dominio espectral do espectro electromagnético comprendido entre as lonxitudes de onda 10 -13 e 10 -9 m.
-
espectro de raios X
[FÍS]
Dominio espectral do espectro electromagnético comprendido entre as lonxitudes de onda 10 -14 e 10 -8 m. Nel pódese distinguir a parte branda, correspondente a lonxitudes de onda grandes, e a parte dura, correspondente a lonxitudes de onda pequenas.
-
espectro de reflexión
[FÍS]
Espectro da radiación electromagnética reflectida selectivamente por unha substancia.
-
espectro de rotación
[FÍS]
Espectro molecular que resulta de transicións entre os estados de rotación das moléculas dunha substancia.
-
espectro de vibración
[FÍS]
Espectro molecular que resulta de transicións entre os estados de vibración das moléculas dunha substancia.
-
espectro dunha radiación corpuscular
[FÍS]
Espectro de enerxía das partículas (corpúsculos) contidas nas radiacións emitidas por unha substancia radioactiva. Está constituído polo espectro alfa e o espectro beta.
-
espectro dunha radiación electromagnética
[FÍS]
-
s
m
[MICROB]
Conxunto de bacterias sobre as que un antibiótico ten unha acción bacteriostática ou bactericida.
-
s
m
[MAT]
Función de distribución de probabilidade que ten por función característica a función covariancia dun proceso estocástico.
-
espectro aerodinámico
[FÍS]
Figura que evidencia as liñas de corrente dun fluído e que se obtén mediante substancias marcadoras, que poden ser líquidos coloreados, introducidas no fluído ou mediante técnicas estrioscópicas ou interferométricas.
-
espectro biolóxico/etolóxico
[BOT/XEOG]
Conxunto das porcentaxes de cada unha das formas biolóxicas ou etolóxicas que interveñen na composición da flora dunha determinada rexión ou localidade.
-
espectro dun observable
[FÍS]
Dado un observable representado por un operador do espazo de Hilbert do sistema físico en cuestión, espectro deste operador.
-
[MAT]
-
espectro dun operador
Dado un operador sobre un espazo vectorial, conxunto dos valores propios do operador. O espectro é discreto se se compón dun conxunto numerable, finito ou infinito, de valores propios, e é continuo no caso contrario.
-
espectro dunha matriz cadrada
Conxunto dos valores propios da matriz.
-
espectro maximal dun anel
Dado un anel conmutativo e unitario A, conxunto dos ideais maximais do anel.
-
espectro primeiro dun anel
Dado un anel conmutativo e unitario A, conxunto Spec(A) formado polos ideais primeiros do anel.
-
espectro dun operador