Espéculo

Espéculo

Corpus de dereito territorial do Reino de Castela e León atribuído ao Rei Afonso X o Sabio. Consérvanse só cinco libros: do lexislador; da organización política do reino, da organización militar, da organización xudicial e do procedemento. Aínda que nunca se publicou foi o inspirador do Código das Sete Partidas.