Espejo

Espejo

Municipio da provincia de Córdoba, Andalucía, situado no val do río Guadajoz (4.065 h [1996]). As actividades agrícolas son a base da súa economía, principalmente o cultivo de cereais, oliveiras e viña. As principais industrias están relacionadas co sector alimentario. As súas orixes están na cidade turdetana de Ucubi, convertida en época romana en Colonia Claritas Iulia Ucubi. En época musulmá recibiu o nome de Alcalá e no s XIII despobouse ata despois da súa conquista en 1240. Do seu patrimonio cultural destaca a igrexa de San Bartolomé, de finais do s XV, e o castelo da casa do Alcaide de los Donceles.